Preséntanse as xornadas “Literaturas de Cego”

Presentación de “Literaturas de Cego”
Esta mañá presentáronse as xornadas Literaturas de Cego, que terán lugar ao longo dos meses de setembro e outubro no Pazo de Liñares. Esta iniciativa contará con diferentes conferencias os días 24 e 26 de setembro e os días 10 e 24 de outubro, charlas nas que participarán expertos folcloristas como Joaquín Díaz, Antón castro, O cego dos monifates e Mini e Mero. De forma paralela a estas xornadas haberá una exposición en Liñares na que se poderán ver os elementos musicais e literarios que utilizaban os cegos para levar as súas historias por vilas e aldeas, mostra que estará aberta entre o 24 de setembro e o 24 de outubro.
Dende o Concello de Lalín, o alcalde, Rafael Cuíña, amosou a súa satisfacción por iniciativas como esta que converten ao Pazo de Liñares nun centro neurálxico da cultura lalinense. Neste sentido apuntou que o Concello traballará para impulsar a marca En Lalín a cultura é = a vida.
Na rolda de prensa desta mañá tamén participou Anxo Basterra, de Viravolta Títeres, organizadora destas xornadas que tamén contan coa colaboración da Fundación ONCE.











