Presentación das equipacións oficiais do Santiago Futsal

Presentación da nova equipación
Había gran expectación arredor das equipacións do Santiago Futsal para esta temporada, e esta mañá despexáronse tódolos interrogantes. Por cuarta temporada consecutiva, Kelme é o sponsor técnico oficial do material deportivo do Santiago Futsal, que este ano presenta unha gran novidade na súa indumentaria: a cor celeste na primeira equipación.
Hugo Sánchez, Diego Quintela, Marcos Vara, Iker López e Iván Rumbo foron os xogadores que se vestiron coas que serás as equipacións oficias do Santiago Futsal esta temporada. Unha primeira equipación de cor celeste e unha segunda que mantén a cor negra do ano pasado pero que, como segunda novidade, engade a cor rosa. Tamén o rosa é o elexido para unha das indumentarias dos porteiros, así como para as camisetas de adestramento; namentres a segunda indumentaria dos gardametas é de cor amarela con detalles en azul.
Por outra banda, o club compostelán elexíu como escenario da presentación o establecemento Deportes Caneda, que será a tenda oficial do Santiago Futsal esta temporada. As camisetas do Santiago Futsal xa están á venda en dito establecemento por un prezo de 39,95€.
As categorías base do Santiago Futsal botan a andar
Comezou a pretemporada para os equipos de categoría nacional e autonómica do Santiago Futsal, así como dos dous equipos da sección feminina, que esta semana retomaron os adestramentos tras o parón vacacional. O filial Santiago Futsal B e os dous equipos xuvenís de división de honor foron os primeiros en incorporarse ao traballo o luns pola tarde, conxuntos que serán dirixidos polo adestradores David Rial e Santi Valladares.
Pola súa parte, o equipo cadete e infantil de división autonómica se incorporaron aos adestramentos na tarde do martes, seguidos pola sección feminina do Santiago Futsal.
En canto aos equipos de categoría local, os seus adestramentos comezarán a partires do 14 de Setembro; información que será ampliada na reunión informativa para país que terá lugar esta tarde.











