publicidade hoxe

Poio inicia con total normalidade o curso escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Esta mañá iniciouse o curso escolar 2015/2016 no Concello de Poio, coma no resto do país, tras o período estival que permitiu, que a administración autonómica e municipal, puidesen realizar obras de mantemento e mellora das infraestructuras dos centros de ensino que, dada a súa embergadura non é factible realizar durante o curso, evitando así molestias e pertubacións a cativos e maiores.

Os datos oficiais constatan o aumento da matriculación rexistrada con respecto a cursos anteriores,  chegando alcanzar prezo de 1100 escolares, repartidos entre os cinco centros de primaría (Espedregada, Lourido, Plurilingüe de Chancelas, Viñas e Isidora Riestra), as Unitarias de Sartal, Vao e Portosanto, tras producirse o peche do E.E.I Tarrio por falta de matricula e a E.I. Galiña Azul. 

A vindera semana tocaralle o turno a ensinanza secundaria, agardando manter os mais de 500 estudantes inscriptos no IES de Poio no curso anterior. 

A xornada transcurriu con total normalidade, sen incidencias que reseñar e coa ilusión e azos renovados para iniciar un novo curso, tal e como, transmitiron os diferentes equipos directivos a esta Concelleira. Unha mañá chea de reencontros e benvidas que da paso as rutinas do día a día.

 

10 de setembro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.