Poio fai balance dos oito anos do programa Saudemente
Este programa daba os seus primeiros pasos en outubro do ano 2007 cun grupo de maiores veciños da parroquia de San Xoan que utilizaban as dependencias e as instalacións deportivas da Seca. Pouco a pouco a actividade espallouse polas outras parroquias tendo a día de hoxe clase en seis enclaves diferentes ( xa que este ano súmase o grupo de memoria que se forma en Vilariño) sin contar as clases que se imparten no propio centro social. No curso anterior pasaron pola actividade Saudemente un centenar de persoas de idade. A maioría dos participantes superan os 80 anos de idade e xa temos celebrado o cumple dos 90 con máis de un.
Despois de oito anos de traballo continuado pódese dicir que o programa saudemente está mais que asentado e a mellor forma de comprobalo e a valoración tan positiva que fan do mesmo os maiores participantes. Son eles mesmos os que transmiten á organización o moito que melloran con as súas clases ( “subidón de autoestima”).
Aínda quedan prazas libres nos grupos de Combarro, Campelo,Samieira, Vilariño e tamén o turno de memoria de mañán da Casa Rosada .En Raxó, na Seca e no curso de tarde da casa Rosada xa están cubertas as prazas hai días. A inscrición pode realizarse no centro social no teléfono 986872401. As clases prolongaranse ata entrado o verán 2016.
A través deste programa intentamos:
– Ofrecer unha maior atención integral ós-ás veciños-as de máis de 60 anos de idade. Que as persoas maiores disfruten dos recursos que o concello posue (local social de Campelo, centro cultural Xaime Isla, instalacións deportivas da Seca ……) e que os maiores decoñecen.
– Despertar o seu coidado tanto a nivel físico como mental.
– Favorecer a súa integración na propia comunidade deixando a un lado o aillamento que supón o paso da xubilación Síntense como un colectivo que xa non ten nada que aportar, minusvalorado ….. dende o concello queremos darlles o lugar que lles corresponde, valorar a súa experiencia e ter en conta as súas sabias opinións.
Dependendo o grupo algún ten horario de mañán e outros de tarde. O alumnado ten clase dúas veces á semana, adicando unha hora á memoria e outra á actividade física.
A duración deste programa é de 9 meses o ano.
Este xoves comenzan as clases na Seca, Combarro e Raxo. Na próxima semana será o inicio para os ouros grupos.