Plataforma14 inaugura tempada expositiva coa mostra “O valor do tempo”
A sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano inaugura mañá venres 11, ás 20.00 horas, unha nova exposición vinculada coa escultura. A mostra O valor do tempo ten coma obxectivo revalorizar a produción do obxeto único e dos procesos de creación artesanal a través de diferentes acabados e procesos de creación.
O grupo de artistas participantes nesta exposición, que poderá verse ata o 28 de setembro, son Yago Arias, Natalia Blanco, Brais García, Silvia Kehl, Zoraida Martín, Juan Miranda, Nacho Martínez, Laura Pazos, Olalla Rodríguez e Pedro Silva.
A Sala Plataforma14, promovida polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), é un espazo de recente creación destinado a visualizar os proxectos artísticos de artistas emerxentes da cidade. O recinto, que se atopa no Fórum Metropolitano, pode ser solicitado para exhibicións por todas aquelas persoas que teñan unha proposta creativa novidosa. Para máis información pode visitarse a web ww.coruna.es/cmix .











