Pequeabona aos cativos ao Rio Natura Monbus Obradoiro por tan só 17 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro continúa con #ocamiñodailusion en pretemporada, a pouco máis dun mes para que abra o pano a liga Endesa. Nin os máis pequenos da casa queren perderse a oportunidade de gozar do mellor baloncesto galego no Fontes do Sar, de maneira gratuíta para os menores  de cinco anos.

Até esa idade, os pequenos poderán lucir ademais o seu carné de Pequeabono 15/16, certificando que o Rio Natura Monbus Obradoiro ten tamén canteira de afeccionados. Para realizalo, o único requisito é asocialo a un abono adulto ou familiar. 

O pai, nai ou titor legal do neno deberá cumprimentar o formulario de solicitude e entregalo en oficinas xunto cunha copia do libro de familia. O custo do carné é de tan só 17 euros. A súa entrega realizarase xunto á dos abonos regulares, nas datas que o club sinale proximamente para tal fin. 

Así mesmo, a campaña de abonados segue aberta. Tras a liberación dos asentos non renovados realizada onte, todas as localidades libres do pavillón quedan a disposición de calquera afeccionado que se queira abonar ou renovar nun sitio diferente ao que tiña. O trámite poderase realizar a través da nosa páxina web www.obradoirocab.com ou nas oficinas do club, de luns a venres de 10.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.00 horas. En caso de xa renovados que queiran cambiarse de localidade, deberán realizar a xestión en oficinas. 

2 de setembro de 2015 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.