Pablo Tallón pasará por quirófano o próximo martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O xogador do Santiago Futsal, Pablo Tallón, terá que operarse do seu ombreiro dereito tras sufrir unha luxación que require intervención quirúrxica. O canteirán do Santiago Futsal sufríu unha luxación en pretemporada e, tras a recuperación, apareceu no encontro ante Peñíscola RehabMedix, no que volveu sufrir unha nova luxación.

Pablo xa se operou do mesmo ombreiro hai 4 anos, sendo xogador do xuvenil do Santiago Futsal. Esta será a segunda intervención á que se someta o santiagués, operación que terá lugar o vindeiro martes 28 de Setembro no Hospital Modelo da Coruña baixo as mans do doutor Arriaza.

23 de setembro de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.