Os xogadores do Santiago Futsal apadriñarán á canteira
Unha tempada máis, e xa van catro, os xogadores do Santiago Futsal apadriñarán aos diferentes equipos das categorías base; unha iniciativa que o club promove ano tras ano co obxectivo de estreitar lazos entre os xogadores da base e os seus xogadores profesionais, e que estes sirvan de modelo de tecnificación e formación para os máis pequenos.
Esta tempada, cun total de 16 equipos de base, algúns dos xogadores exercerán como padriños de dous equipos, dos que asistirán puntualmente aos adestramentos e aos partidos que poidan de competición da devandita categoría.
PADRIÑOS
Psicomotricidade: Pablo Tallón
Prebenxamín 1º: Diego Quintela
Prebenxamín 2º: Santi
Benxamín C: David Palmas
Benxamín B: Dani Chinés
Benxamín A: Iker
Alevín B: Iván Rumbo
Alevín A: Pablo Mel
Infantil B: Catela
Infantil A: Álex Diz
Cadete B: Iker
Cadete A: Antonio Diz
Xuvenil A Gaiola: Hugo Sánchez
Xuvenil Santiago Futsal: Marcos Vara
Feminino Provincial: Diego Quintela
Feminino Local: Iván Rumbo











