publicidade hoxe

Os visitantes á Festa da Ameixa consumiron preto de 500 quilos deste molusco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a valoración da Festa da Ameixa celebrada os días 19 a 20 de setembro na localidade mariñeira de Campelo. Este ano celebrouse a XXVIII edición dunha festa gastronómica moi arraigada no noso municipio, que tivo que ser aprazada ata o mes de setembro a causa da toxina presente na ría durante o pasado mes de xullo, mes no que tradicionalmente celébrase un dos eventos gastronómicos máis relevantes do noso municipio.

No que respecta ás cifras acadadas durante estes dous días, consumíronse preto de 500 quilos de ameixa babosa que foi subministrada polas distintas confarías da nosa ría. O cambio de data e a boa climatoloxía non afectaron á festa, que incluso na tarde do domingo chegou a practicamente esgotar o produto, tendo que aumentar dende o Concello a cantidade de ameixas subministradas para poder dar servizo na última tarde do evento gastronómico.

En canto ás racións consumidas nesta XXVIII edición un 60 % do total corresponderon ás ameixas a mariñeira, un 27% ás ameixas con fideos e un 13% ás ameixas con fabas.

No que respecta ó número de asistentes é importante destacar que a maior afluencia rexistrouse en horario de mañá tanto o sábado como o domingo, sendo a mañá deste ultimo día a máis concorrida aínda así, o sábado foi o día elixido para celebrar a maioría dos actos festivos, sendo o máis emotivo a homenaxe ás seis mariscadoras xubiladas no pasado ano que contou coa actuación da Coral Virxe de Fátima e da Escola de Música Tradicional de Poio.

Dende a Concellaría de Turismo quérese dar dar un especial agradecemento ás persoas que traballaron no desenvolvemento dunha festa moi arraigada e recoñecida fora do noso municipio, así como a tódolos colectivos implicados como as distintas confarías de mariscadores, as mariscadoras a pé e a lonxa de Campelo principalmente.

21 de setembro de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.