Os veciños de Bora coñecen o anteproxecto de mellora da estrada a Castosenín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Alberto Oubiña mantén esta tarde, ás 20.00 horas, unha reunión cos veciños da parroquia para presentarlles o anteproxecto de construcción do novo viario a Castrosenín (na parroquia de Mourente), dende o lugar da Cardosa, en Bora.

O proxecto plégase ao trazado actual da estrada na súa maior parte, aínda que nalgúns puntos será preciso crear novos trazados para evitar a sinuosidade do viario actual.

Está previsto acondicionar unha calzada de dez metros de ancho (3,5 metros para cada carril) con gavias e beirarrúa nun lateral. A mellora da estrada a Castrosenín é unha demanda histórica dos veciños de Bora e Mourente, especialmente dende que se trasladaron até as instalacións do antigo centro de menores aos Grupos Rurais de Seguridade da Garda Civil.

Neste encontro o concelleiro tamén pretende recoller as achegas e suxestións veciñais para poder concretalas na redacción do proxecto.

28 de setembro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.