Os veciños da Xesteira reclaman a mellora da rúa

O alcalde de Lalín na reunión cos veciños da Xesteira
O alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro de Obras mantiveron un encontro, esta mañá, con veciños da rúa Xesteira. Os veciños reclaman unha solución para o mal estado no que se atopa a súa rúa, na que non se actuou nos últimos anos malia as melloras que si se fixeron nas rúas adxacentes. Rafael Cuíña, Nicolás G. Casares e Miguel Medela plantearon a posibilidade de realizar obras de bacheo de maneira inmediata, aínda que, a petición dos veciños, finalmente comprometéronse a buscar unha solución máis consistente e duradeira para a mellora integral da rúa.











