Os tractores continúan bloqueando as principais vías de Santiago con cortes de tráfico e retencións

Tractores bloqueando rúas de Compostela
Os tractores continúan bloqueando diversas arterias principais de Santiago de Compostela, aínda que mellorou a circulación coa apertura dalgunhas vías. De tal forma na mañá deste luns volveron a pechar o periférico (SC-20) na súa confluencia coa Avenida de Lugo en ambos os sentidos, segundo informou a Policía Local.
A Avenida de Lugo dirección Xunta segue pechada, do mesmo xeito que a rúa do Hórreo ao seu paso pola estación de autobuses, aínda que está aberto ao tráfico en sentido rotonda de Galuresa.
Así mesmo, segundo informa o Concello de Santiago a rúa Mestre Mateo está pechada en dirección entrada e recoméndase usar San Lourenzo como alternativa. Pola súa banda, Romero Donallo está aberto en superficie, pero o túnel está bloqueado.
Todo iso, está a provocar importantes retencións nos accesos á cidade desde a autoestrada AP-9, así como no Polígono do Tambre e outros viarios.
Deste xeito, a Policía Local de Santiago e Protección Civil recomendan non empregar o coche na capital de Galicia ante os problemas de circulación.
Xunto a isto, os gandeiros atópanse bloqueando a entrada ao aparcadoiro do centro comercial das Cancelas, e realizarán ao longo do día outras accións reivindicativas noutros establecementos.











