Os traballadores de Alcoa esixen á empresa que clarifique o seu futuro
Traballadores da planta de Alcoa na Coruña secundaron unha nova protesta, nesta ocasión ante a fábrica, para esixir á empresa que “clarifique” o seu futuro, despois da poxa eléctrica celebrada en agosto. Á protesta, na que se fixeron soar chifres e outros instrumentos, asistiu a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, quen pediu ao PP que aclare “que ten previsto facer para defender a Alcoa”, dixo sobre a planta coruñesa.
Así, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, a pronunciarse. “Está a mentir o PP”, sinalou tras remarcar que “prometeu cambiar a norma de interrumpibilidade”, apostilou sobre un sistema que os traballadores de Alcoa e que piden que se substitúa por un marco enerxético “estable”.
“COMPROMISO CLARO” DE ALCOA
Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, insistiu en que carecen de información sobre os plans de Alcoa e pediu á dirección que “clarifique o futuro da planta”.
“Non está a ser claro o compromiso por parte da empresa”, insistiu. Ademais, cuestionou que, co resultado da poxa eléctrica, estea “garantido” o futuro da planta coruñesa ou a de San Cibrao.
“Temémonos calquera cousa”, dixo tamén o presidente do comité de empresa ao ser preguntado se temen o peche da planta ou que se aplique un expediente de regulación de emprego. Mentres, confirmou que continuarán coas mobilizacións que concretarán en próximas datas.











