Os minoritarios de Pescanova absteranse de votar na xunta xeral extraordinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+
Europa Press

A asociación de minoritarios de Pescanova AMAP anunciou a súa intención de absterse de votar na próxima xunta xeral extraordinaria da pesqueira ao non estar a favor nin do 5% nin do 20% da participación na Nova Pescanova e co obxectivo de recuperar o 100% da súa inversión. “Isto foi unha fraude e como tal non queremos seguir xogando no medio de todos eles”, sinalaron dende a asociación, que explicaron que a súa proposta alternativa para alcanzar o 20% do capital “fíxose por orgullo” para ver “quen é quen no conxunto de accionistas de Pescanova, é dicir, cantos accionistas de referencia, votan a favor dos intereses do G7”.

A asociación mostrouse convencida de que aos únicos aos que lles interesa recuperar a súa inversión é aos minoritarios, xa que “certos accionistas de referencia” poden preferir “ir da man da banca. “Xogamos dúas ligas distintas”, sinalou o seu voceiro, Alejandro Fernández Pita.

O consello de administración de Pescanova exhortou os accionistas e a banca a que cheguen a un acordo para aprobar a ampliación de capital, en resposta á proposta alternativa de acordo formulada por 103 accionistas titulares do 6,3% do capital social da compañía.

“Este consello exhorta ás partes, accionistas e G7, a alcanzar un acordo polo cal se aprobe a ampliación, ben segundo o texto da proposta do consello, ou ben segundo o texto da proposta dos accionistas”, indica o comunicado enviado ao organismo supervisor, que subliña a necesidade de respectar “en todo caso” a integridade do grupo Pescanova e “sen promover en ningún caso medidas por parte de uns e outros que puidesen formular un risco de liquidación”.

3 de setembro de 2015 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.