Os gandeiros de Lugo reciben permiso para mobilizarse ata o día 16

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

Os gandeiros de Lugo decidirán nunha asemblea as medidas de presión ante as industrias lácteas e as distribuidoras, pero xa recibiron permiso para mobilizarse ata o próximo mércores día 16. O voceiro dos gandeiros mobilizados en Lugo, Roberto López, informou antes de participar nunha reunión na Consellería de Medio Rural en Santiago de Compostela que nunha asemblea pública celebrada o xoves pola tarde avanzouse a planificación de “visitas” a centrais lácteas.

As empresas afectadas serán Leite Río, Larsa, Puleva e Loxística Alimentaria, ademais dos centros comerciais As Termas e Carrefour. “Unha vez escoitemos o que nos din en Santiago convocaremos a asemblea de representantes dos concellos e decidirase a postura a tomar”, aclarou. Así mesmo, López recordou que piden “prezos dignos e unha lei que castigue a quen incumpre”.

A subdelegación del Gobierno de Lugo xa informou o Concello do permiso concedido aos gandeiros para continuar as mobilizacións ata o próximo 16, un día despois da reunión prevista para continuar traballando sobre o principio de acordo alcanzado o xoves en Madrid.

11 de setembro de 2015 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.