Os gandeiros bloquean a entrada á área comercial das Cancelas e ao centro loxístico de DIA
Centos de gandeiros bloquean cos seus tractores na mañá deste martes os accesos á área comercial das Cancelas, onde se atopa o supermercado Carrefour, ao que acusan de vender leite como produto reclamo, así como o centro loxístico de DIA situado no polígono do Tambre. Ao longo da mañá deste martes está prevista a chegada unha cisterna de leite fresco ás inmediacións das Cancelas, onde hai unha importante presenza policial, situada nunha das principais arterias de Santiago para repartir este produto entre os cidadáns.
Tras iso, os gandeiros prevén entrar no supermercado Carrefour para constatar si existe a oferta reclamo do leite que denuncian os afectados. Posteriormente, ao longo do día acudirán ao supermercado Alcampo, no centro comercial de Área Central, para levar a cabo tamén o que denominan unha xornada “pedagóxica” para informar á cidadanía sobre a situación do mercado do leite.











