Os edís de Urbanismo e Tráfico exploran alternativas de mobilidade para Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía estivo dobremente representado esta mañá no Encontro Mobilidade e Espazos Públicos organizado pola deputación provincial como peche dos actos do ía Europeo da Mobilidade. Os concelleiros de Urbanismo e de Tráfico, Paola María e Juan Antonio Pérez, asistiron ás xornadas a efectos coñecer as opinións dos expertos na materia e buscar posibles alternativas a aplicar no modelo de Vilagarcía baseadas no éxito de experiencias xa postas en práctica noutras cidades, como por exemplo en Pontevedra.

Uns 80 políticos e técnicos da provincia asisten ao encontro no que participaron expertos da talla do doutor en Xeografía Pau Avellaneda e no que se expuxeron diferentes modelos de cidades nos que se aplican dende hai tempo criterios de mobilidade sostible tanto en Europa como en España, con especial atención á Pontevedra, que levou varios premios de carácter internacional. Entre os relatores estiveron o Arquitecto e asesor provincial Jesús Fole e o Xefe la Policía Local pontevedresa, Daniel Macenlle.

Os concelleiros do goberno de Vilagarcía acudiron ó encontro coa idea de explorar coñecer experiencias sobre a mobilidade sostible e segura, as consecuencias que representa a súa aplicación práctica e as posibles solucións que propoñen os expertos para resolver os problemas que plantean este tipo de medidas.

Paola María e Juan Antonio Pérez valoraron a xornada como moi interesante e produtiva e regresaron aínda máis convencidos de que Vilagarcía, como as principias cidades de Europa e de España, debe apostar polas persoas e o seu benestar á hora de deseñar a súa planificación urbanística e a súa mobilidade. María Mochales comentou que o punto de partida de todos os relatorios foi a idea de que “todas as persoas somos peóns a maior parte das nosas vidas e que esa circunstancia debe primar á hora de deseñar as cidades. Na actualidade, na maioría das cidades, o principal protagonistas das súas rúas, quen copa a maior parte dos espazos públicos son os coches, circulando ou estacionados, e isto ten que cambiar. O peón, as persoas deben ser os donos das rúas”.

Para acadar esta meta, as cidades deben estar humanizadas e ser seguras para as persoas. Peatonalización de rúas, melloras estéticas, recuperacións de cascos históricos, implantación do sistema de “Slow cities” con zonas con tráfico restrinxido e con velocidade limitada aos 30 quilómetros por hora, son algunhas das actuacións propostas.

A concelleira de Urbanismo, prestou especial atención á aplicación destes criterios no eido Urbanístico, en canto ao tipo de proxectos de peonalizacións a realizar, o lavado de cara que debe acompañar a aquelas zonas que se humanizan, a rehabilitación de edificios e recuperación de cascos antigos… Pola súa banda, o edil de Tráfico recolleu ideas sobre as “slows cities”, consellos para alonxar o tráfico rodado dos centros urbanos e como reordenalo coa maior eficacia pola periferia, creación de estacionamentos disuasorios, uso de medios transportes alternativos, medidas para mellorar a seguridade viaria dos peóns, etc.. Precisamente, un dos principias efectos das peonalizacións realizadas en Pontevedra en relación á seguridade viaria foi o acusado descenso dos atropelos a peóns e accidentes de tráfico, outro dos obxectivos a ter en conta.

Visita guiada como práctica

Tras asistir aos relatorios celebrados no Museo Provinicial, os edís vilagarciáns xunto co resto dos asistentes ao encontro fixeron un percorrido polo centro de Pontevedra como visita práctica guiada polos técnicos.

23 de setembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.