Os dous feridos no Rally da Coruña que seguen ingresados evolucionan favorablemente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

As dúas persoas que continúan ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tras resultar feridas no Rally da Coruña evolucionan favorablemente, segundo informaron fontes hospitalarias. Trátase dun adulto, ingresado en planta no Hospital da Coruña, e un menor, que se atopa tamén en planta no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, tal e como precisaron as mesmas fontes.

Esta semana foron dadas de alta outras dúas persoas tamén feridas no Rally da Coruña, no que faleceron sete persoas tras a saída da vía dun dos vehículos participantes na proba, ao seu paso polo termo municipal de Carral.

18 de setembro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.