Os catro feridos no rally que seguen ingresados evolucionan favorablemente
Os catro feridos que permanecen ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) evolucionan favorablemente, segundo informaron fontes do centro sanitario. O menor ferido no Rally de A Coruña e que permanecía ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Materno Infantil foi trasladado o martes planta, onde segue ingresado.
Tamén evolucionan favorablemente as tres persoas que continúan ingresadas no Hospital A Coruña. Delas, dous atópanse en planta, mentres que outra se atopa na Unidade de Coidados Intensivos. O seu estado é grave, aínda que está estable, segundo fontes hospitalarias.











