publicidade hoxe

Os cativos de Arzúa están cos gandeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

Os alumnos e alumnas de Primaria dos dous centros escolares da vila, CEIP de Arzúa e Nosa Señora do Rosario de Atocha, quixeron sumarse ás múltiples mostras de apoio e solidariedade que nestes días están recibindo os gandeiros do noso país con motivo da grave criseleiteira que atravesa o sector.

Os nenos e nenas dos centros educativos confeccionaron unsdebuxos que baixo o lema “Os nenos e nenas de Arzúa estamos cosnososgandeiros”  tratan de dar ánimo aosgandeiros e gandeirasdo municipio que durante os últimos días se manifestaron en diversos puntos do noso país naloita por alcanzar un prezoxusto para o leite.

Moitos dos nenos e nenas, autores das ilustracións, son coñecedores en primeirapersoa do grave problema que afecta aosgandeiros da nosa comarca, pois son fillos e netos de persoas directamente danadas por esta situación. Arzúa é un concello eminentemente rural onde a  gandeiría e agricultura son dúas das nosasmaioresfontes de riqueza.

A finalidadedestetraballo, feito coa maior das ilusións polos nososnenos e nenas, non é outra que animar a todos eses nososveciños e veciñas de Arzúa que durante moitos días se concentraron en diversas zonas da xeografía galega co propósito de acadar un acordo que lles permita vivir dignamente nanosaterra.

Os nenos e nenas de Arzúaquerendicirllesaosgandeiros que están da súa parte e que os apoiannestaballata de loita a favor da dignidade; mentras eles, os máisnovos,aprenden a traballar valores tan importantes como a solidariedade.

Os traballos dos nenos e nenas de Arzúa seránexpostosna Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro a finaisdeste mes de setembro para que calqueraveciñoouveciña de Arzúa os poida contemplar.

17 de setembro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.