Os autobuses urbanos de Ourense serán gratuítos para todos os usuarios o Día Europeo sen coches

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O transporte urbano a través do servizo de autobuses do Concello de Ourense será gratuíto o vindeiro martes, 22 de setembro, con motivo da celebración do Día Europeo sen coches. A Concellería de Transportes e a empresa concesionaria Urbanos de Ourense únense así ás actividades organizadas polo Concello con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade (16 a 22 de setembro), na que tamén se integran actividades educativas e de lecer nas que participan máis de 750 alumnos dos colexios da cidade. O programa de actividades está organizado polo Concello a través das Concellerías de Educación, Medio Ambiente, Seguridade Cidadá e Transporte, con gimkanas, circuitos de educación viaria e obradoiros.

Os obxectivos principais son os de animar a xente a repensar e utilizar as diferentes alternativas de transporte dispoñibles e escoller a forma máis axeitada para trasladarse, invitándoos a combinar as distintas opcións e usar o transporte público.

18 de setembro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.