publicidade hoxe

Oroso será a última parada do obradoiro de cómic do SNL da Mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) continúa co seu labor de promoción do uso da lingua galega entre os nenos e nenas da comarca. Nesta ocasión foi a quenda para a rapazada de Oroso. 15 nenos e nenas  participaron no obradoiro de cómic que se está a levar a cabo en todos os municipios da Mancomunidade.

A partir dunha historia protagonizada polos Bolechas, todas e todos eles traballaron na elaboración dunhas viñetas que, proximamente, serán publicadas na páxina web da Mancomunidade de Ordes (www.mancomunidadeordes.org).

1 de setembro de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.