publicidade hoxe

Oroso crea un rexistro de posibles acolledores de refuxiados de guerra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso vén de crear un rexistro de posibles acolledores de refuxiados de guerra, onde se poderán anotar todos os veciños e veciñas do municipio que estean dispostos a acoller refuxiados nas súas vivendas. Un rexistro que será levado directamente dende o Gabinete da Alcaldía, en colaboración coa Concellería de Benestar Social.

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodeiro, explica que “a raíz da situación que se vive en Siria, son moitos os veciños e veciñas nos teñen preguntado como poderían facer para colaborar e acoller a algún refuxiado. Con este rexistro, dende o Concello de Oroso poñemos á disposición da veciñanza todos os nosos medios para facilitarlles a realización de todos os trámites precisos para ser familias de acollida” 

Todos aqueles veciños e veciñas que desexen anotarse neste rexistro deberán dirixirse ao Gabinete da Alcaldía, na primeira planta da Casa do Concello, ou chamar ao teléfono 981 69 14 78. Haberá dúas modalidades de acollida: só menores de idade ou familias completas.

9 de setembro de 2015 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.