publicidade hoxe

Oroso convoca un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal, dirixido tanto a persoas ocupadas ou desempregadas que estean interesados no sector. Os únicos requisitos son ser maior de idade e inscribirse no Servizo Emprega Oroso (rúa do Deporte 9) ou no teléfono 981 688 950 antes do 17 de setembro.

O curso terá lugar en Oroso entre o 21 e o 25 de setembro, en horario de 15:00 a 20:00 horas. As sesións centraranse no manexo práctico da motoserra e rozadoira, de xeito que o alumnado coñecerá e diferenciará as partes principais destas ferramentas e mesmo será quen de montar e desmontar as súas pezas principais, para así conseguir o seu mellor mantemento. Ademais, coñecerán as diferentes técnicas de apeo de árbores con seguridade, así como de desramado e tronzado.

Este curso está organizado polo Concello de Oroso, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Programa de Desarrollo Rural Sostenible RuralEs.

11 de setembro de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.