publicidade hoxe

Ocupación do 83% nos establecementos hoteleiros de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación hoteleira rexistrada nos establecementos do municipio durante a segunda quincena de agosto. No que respecta á ocupación hoteleira rexistrada durante esta segunda quincena do mes de agosto, acadouse unha ocupación real do 83 %, polo que este mes, remata cunha ocupación media do 89%. Estes datos reflicten unha considerable mellora na ocupación dos distintos establecementos hoteleiros do municipio con respecto as cifras acadadas nos últimos cinco anos.

En relación ós visitantes que se achegaron ata as oficinas de turismo municipais, nesta segunda quincena do mes acadouse a cifra de 7.214 persoas, das que un 92% foron turistas nacionais e un 8% de procedencia estranxeira.

Dende a apertura das oficinas municipais de turismo ata o 31 de agosto se levan rexistrados un total de 14.695 visitantes nas nosas oficinas de turismo.

En canto a procedencia dos visitantes nacionais destacaron os madrileños (22,56 %), andaluces (12,44%), de cataláns (11,36%), e Vascos (11,23%).

No que respecta ós estranxeiros destacaron os procedentes de Francia, Reino Unido e Portugal.

En relación ó perfil do visitante que se achega ata Poio cabe destacar que máis dun 42 % foron familias con fillos. Un 75% non coñecía o municipio e o medio de transporte empregado por un 73% dos visitantes foi o coche particular. En canto á duración da estancia, esta foi superior a 7 días para un 22,12% e entre 5 e 7 días para un 43,79%.

Por outra banda, os principais motivos para elixir o noso municipio foron a singularidade de Combarro, a gastronomía, o Mosteiro de San Xoán de Poio e a boa situación xeográfica cercana a outros puntos de interese das Rías Baixas.

2 de setembro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.