Observando o cosmos despídese cun alto nivel de participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Participantes na sesión de "Observando o cosmos"

Participantes na sesión de “Observando o cosmos”

O campo de fútbol de Mesón do Vento foi o último lugar de encontro do  programa de astronomía. ‘Observando o cosmos’. Mediante esta iniciativa os veciños e veciñas de Ordes tiveron a oportunidade de observar as estrelas e aprender de astronomía a carón de profesionais e coñecedores da materia. Ademais de charlas e conferencias tamén puideron empregar telescopios para contemplar constelacións, galaxias, planetas etc. ‘Observando o cosmos’ é unha iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes, e pertencente ao proxecto ‘Todo Cosmos’, do que forman parte a Fundación Española para a Ciencia y la Tecnología, Universidade de Santiago de  Compostela, observatorio astronómico José María Ayer e o Ministerio de Economía y Competitividad.

7 de setembro de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.