‘Observando o cosmos’ chega ao seu fin no campo de fútbol do Mesón do Vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O programa ‘Observando o cosmos’ chega mañá ao seu fin, cunha última sesión que terá lugar no campo de fútbol do Mesón do Vento a partir das 22 horas. Nesta iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes levan participado nas dúas sesións que tiveron lugar ata o de agora un bo número de veciños e veciñas de todas as idades. Ademais de descubrir os segredos e unha morea de curiosidades en cuestión de astronomía, todas e todos eles puideron contemplar estrelas e planetas a través dun microscopio profesional e a carón de expertos na materia.  A dita iniciativa forma parte do proxecto ‘Todo cosmos’ no que participan a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Santiago de  Compostela, o observatorio astronómico José María Ayer e o Ministerio de Economía e Competitividade.

4 de setembro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.