publicidade hoxe

O teatro Amador enche o outono ca VIII Mostra de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Presentación da programación teatral

Presentación da programación teatral

Un ano máis, e levan xa sete, o grupo de teatro afecioado Tiruleque, organiza a Mostra de Teatro Amador no Carballiño, que este ano, por compromisos burocráitocs desenrolarase durante todo o mes de octubro, no auditorio da vila. O edil de Cultura, área promotora e colaboradora desta actividade, Diego Fernández, agradecía o tesón e o traballo dos membros de Tiruleque, por traer cada auno as mellores ocmpañias de teatro afcioado ata a vila carballiñesa, permitindo os veciños e veciñas desfrutar dunha nova actividade cultural.

Un dos fundadores desta compañía teatral carballiñesa, José Prada, foi o encargado de presnetar o cartel deste ano, que comenzará xa este venres, 2 de octubro, ca estrea de Tiruleque “Media de Callos”, na que se estrea como director Victor Tato. Esta obra represnetarse o venres 2 de octubro, as 22:30 e o sánado 3 as 21:00 horas. Nesas mesma fin de semana, pero xa o domingo 4 de octubro, a compañía pontevedresa Piollo Teatro, representará a obra Espermatozoides.

Na seguinte semana, o 10 de octubro, será o turno para a compñía de Antas de Ulla, Grupo Teatral Rosalía, que porán en escea “Os cravos de prata”, e o domingo 11 Faradoleiras Cabaré, de Oleiros, mostrarán o seu espectáculo “Un cabaret de película”. Os días 17 e 18 de octubro tocaralle o turno as compañías Ateaco de A Coruña, e Nostrum Cai Teatro Danza, de Lugro, cas montaxes “Eirugas” e “Alba. A casa pechada” respectivamente.

A programación desta VIII mostra de teatro Amador do Carballiño continuará o 24 de octubro, con Argallada Teatro, que traera os escearios carballiñeses a obra “O Anel Máxico”, e o 25 o turno será para Farrapo Teatro de Santiago, ca súa representación de “Frío”.

Por último, o 31 de octubro, O Aturuxo de Melpómene, de Narón, porán sobre o esceario do Carballiño a obra “Desencaixados”.

Prada destaca a participación da ultima das compañías, que actuar´o 1 de novembro, e que insistiron en achegarse a esta mostra, cun gran interés por parte dos seus integrantes. Así Delatoute Prod, de Ourense, porá en esecea a súa montaxe  Miña gran Mansión.

Todalas represnetacións serán as 19:00 horas, salvo as da primeira fin de semana. O prezo da entrada será único para todalas represnetacións, 3 euros. Esta mostra conta co apoio do concello do Carballiño e a deputación provincia de Ourense, que aporta catro das 10 compañías, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador.

28 de setembro de 2015 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.