O Sergas descarta reanudar o traslado de pacientes ao Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Europa Press

O Sergas descartou que o traslado de pacientes ao novo hospital de Vigo poida reanudarse o vindeiro luns 14 de setembro, debido a que aínda non están dispoñibles os resultados “definitivos” das análises microbiolóxicas das zonas pendentes de apertura. Segundo confirmaron fontes de Sanidade, a pesar de que xa se dan condicións de bioseguridade en áreas críticas que permanecen pechadas, como UCI, reanimación ou bloque cirúrxico, faltan os resultados definitivos das mostras tomadas na zona de pediatría, por tanto, en aras de “garantir a seguridade de pacientes e traballadores”, o traslado de pacientes ao Álvaro Cunqueiro mantense en suspenso.

O novo hospital de Vigo comezou a súa actividade a finais de xuño coa apertura de consultas, seguida pola posta en marcha de servizos da área ambulatoria.

Na semana do 20 de agosto trasladouse aos primeiros pacientes de hospitalización, pero o proceso interrompeuse a finais desa semana, antes de que lle tocase a quenda aos pacientes que debían ingresar nas áreas máis sensibles (coidados intenstivos, reanimación, cirurxía…) debido a que non estaba garantida ao cento por cento a calidade do aire ambiental nesas zonas.

Ao longo das últimas dúas semanas estivéronse realizando probas e adoptáronse medidas de hixienización para acondicionar esas áreas, segundo explicado fontes sanitarias. A continuación do traslado, insistiron, está “condicionada” a que se poida facer nas condicións de máxima seguridade e cumprindo todos os parámetros exixibles.

10 de setembro de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.