O segundo torneo ‘Lugo é Basket’ disputarase no Pazo Provincial de Deportes esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Presentación de "Lugo é Basket"

Presentación de “Lugo é Basket”

O deputado delegado de Deportes, José Manuel Yanes Ginzo, asistiu esta mañá á presentación do segundo torno ‘Lugo é Basket’, que se celebrará esta fin de semana no Pazo Provincial de Deportes. En concreto, esta competición,organizada pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, disputarase os días 11, 12e 13 de setembro. Xogarase en formato triangular con dous partidos por equipo,un en cada xornada.

A intención da celebración destetorneo é a de atraer a Lugo unha competición de alto nivel (coa presenza detres equipos da Liga LEB Ouro), coa esperanza de contar cun gran número deasistentes, e coa idea de afeccionar ao baloncesto a novos adeptos.

Os encontros serán similares aosda tempada official, con tódolos servizos para equipos e públicos, comorealización de estatísticas e vídeo, arbitraxe official ou animación musical espeaker.

O deputado delegado puxo en valoreste tipo de iniciativas que supoñen un pulo ao deporte lucense. “Permitan unhamaior oferta aos afeccionados do deporte así como marcan a base para captarnovos seguidores”, explicou Yanes Ginzo; quen asegurou que a Deputación de Lugose implicará con este tipo de propostas e traballará para proporcionarlle ápoboación a posibilidade dunha práctica deportiva continuada.

O programa do torneo inclúe:

Venres 11

21:00 horas-Leyma Basquet Coruñavs Cafés Candelas Breogán

Sábado 12

19:00 horas- CB Palencia vs LeymaBasquet Coruña

Domingo 13

Aproveitando a estancia dosadestradores dos equipos invitados, o programa tamén inclúe como novidade estaedición, un clinic para adestradores,consistente en tres conferencias en pista con Lisardo Gómez, adestrador doCafés Candelas Breogán; Porfirio Fisac, adestrador Quesos Cerato Palencia; eGonzalo García, adestrador Clube Ourense Baloncesto.

11:00-Clinic. 1ª conferencia

12:30-Clinic 2ª conferencia

14:00-Comida oficinal clinic

16:30-Clinic 3ª conferencia

19:00-Cafés Candelas Breogán vsCB Palencia

20:45-Entrega de trofeos

8 de setembro de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.