O Santiago Futsal impúxose á Selección de Vietnam nun amigable
Santiago Futsal aproveitou a sesión do luns pola tarde para medirse, nun amigable, á Selección de Vietnam, conxunto dirixido polo adestrador galego Bruno García e o seu segundo Héctor Souto.
Este encontro, que servíu ao conxunto celeste como partido de preparación para a proba do venres na que recibe ao actual campión de Liga, Copa do Rei e Supercopa, Movistar Inter, decantouse ao lado local con vitoria do Santiago Futsal por 4-2.
Diego Quintela, que asinou 3 goles na tarde onte, e Álex Diz (1) foron os goleadores do Santiago Futsal; mentres que polo combinando visitante marcaron Nguyen Bao e Ngo Ngoc.
O venres os de Santi Valladares mediranse á segunda proba consecutiva en casa, o encontro da 3ª Xornada de Liga ante Movistar Inter. Para este partido Santiago Futsal estableceu ‘Día do Club’ e todos os asistentes terán que abonar o prezo da entrada, que varía segundo sexa abonado ou non abonado. Os prezos das entradas son os seguintes:
Non abonados: Adultos 15€, Xuvenil (13-17 anos) 5€, Infantil (menores 13 anos) 2€.
Abonados: Maiores de 18 anos 5€ e menores de 18 anos acceden gratis.
As entradas pódense recoller durante toda a semana na oficina do club en horario de 10h a 14h e de 16.30 a 19h. Tamén o día de partido na taquilla do pavillón que abrirá ás 20h.











