O Santiago Futsal afronta a última semana da pretemporada cunha cita amigable o sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O plantel do Santiago Futsal afronta a derradeira semana de adestramentos deste periodo de pretemporada antes do comezo da competición oficial. Os de Santi Valladares teñen por diante catro días de traballo que rematarán co partido amistoso en Ourense o sábado ante Ourense Sala, un equipo da 2ª División B, no que será o último amigable dos de Santiago nesta pretemporada.

Despois de tres meses de parón por vacacións, a vindeira semana comezará a esperada Liga Nacional de Fútsol Sala. Se ben os de Santiago levan traballando dende comezos de Agosto, para a escuadra santiaguesa a competición oficial comezará o sábado 12 de Setembro, data na que se porá a camisola de visitante para medirse ao Peñíscola RehabMedic (Pavillón Municipal de Peñíscola, 18.30h).

 

1 de setembro de 2015 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.