O Rio Natura Monbus Obradoiro tomou a Alameda das “Marías” cun torneo rueiro

Actividade na Alameda de Santiago
O Rio Natura Monbus Obradoiro sorprendeu a todos os cidadáns que pasaban a tarde na histórica Alameda compostelá baixo a atenta mirada das “Dúas en punto”, últimas en sumarse ao camiño da ilusión que o club quere percorrer esta tempada xunto á súa afección.
E é que, unha pista de baloncesto improvisada apareceu para goce dos máis pequenos, que puideron gañar entradas para o partido de presentación dos obradoiristas ante o F.C. Porto a celebrar o 4 de outubro en Sar, ao participar nun concurso de habilidades.
O prato forte da tarde chegou coa aparición dos xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro, en dous equipos capitaneados por Jesús Chagoyen e Juanjo Triguero que se enfrontaron en formato dun contra un para decidir ao “Rei da pista”, precisamente, coa auténtica Copa do Rei pola que competirán esta tempada presente de fondo. Tras cinco duelos en grao sumo apertados e arbitrados por Moncho Fernández, Víctor Pérez e Gonzalo R. Palmeiro, o equipo de Chagoyen proclamouse campión do torneo.
Os centenares de asistentes realizáronse unha foto de familia con Maruxa e Coralia, as “Dúas en punto” que presenciaron todo o evento desde un posto privilexiado. Os protagonistas asinaron autógrafos e sacáronse fotos co seu mellor sorriso para pechar definitivamente a xornada na que o Fontes do Sar achegouse á cidade.
Moitos dos presentes solicitaron información sobre como sumarse a #ocamiñodailusion e volver ver aos xogadores en acción, aínda que esta vez durante toda a tempada e sobre o parqué do Fontes do Sar. Toda a información de vantaxes do abono, tarifas, descontos ou moito máis, pode atoparse na web do club (www.obradoirocab.com) ou en oficinas, situadas no propio Multiusos e abertas de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.











