publicidade hoxe

O Recinto Feiral Estradense recibe a visita dun nutrido grupo de persoas con diversas discapacidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, recibe hoxe a visita dun nutrido grupo de persoas con diferentes discapacidas físicas, siquícas e sensoriais, aos cales se unirá un grupo de amas de casa, mulleres rurais e terceira idade.

Estes colectivos, chegarán A Estrada en torno a media mañan e a primeira das actividades que o equipo organizativo do certame lles ten organizado é unha visita turística guiada que recalará no mosteiro románico de Santa María de Aciveiro. Os asistentes, contarán cun guía que lles explicará tanto a igrexa como as antigüas dependencias monacais. Esta visita, conta coa desinteresada colaboración da firma Pousadas de Compostela que é a que actualmente está explotando as antigüas dependencias monacais, hoxe restauradas e convertidas nun centro hosteleiro adicado a celebración de eventos lúdicos.

A continuación os colectivos desprazaránse A Estrada para xantar e posteriormente serán recibidos polo responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos. En torno as catro e media da tarde, terá lugar unha actuación artística enfocada especialmente aos colectivos que nos honran coa súa presenza. Esta actuación, correrá a cargo do monologuista Celso Sanmartín e conta co patrocinio do Excmo. Concello da Estrada.

Unha vez remate a actuación, os colectivos visitarán os seis pavillóns cos que conta a mostra.

Noutro orde de cousas, salientar que a última hora do luns, tiña lugar coincidindo co peche do recinto feiral ao público, o sorteo dun par de ceas para dúas persoas, patrocinadas polo restaurante local “O Asador de Leo”. Os agraciados con estas dúas primeiras ceas foron, Victor Manuel Tato Soto de O Carballiño e Soraya García Flores, de Zamora. Ao longo do certame, sortearánse outras catro ceas a maiores.

Hoxe a partires das vinteunha horas, efectuaráse no pavillón número catro, o sorteo do terceiro vale de compra por importe de cincocentos euros, patrocinado pola Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada. A última hora de onte, tiña lugar a entrega oficial dos dous primeiros vales aos agraciados. Os vales foron entregados polo presidente da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada, Gonzalo Figueiras Rey, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos e unha representación da directiva da propia Asociación.

Os vales necesariamente deberán canxearse nun dos establecementos locais asociados e poderá efectuarse o canxe en feira ou ben antes de ter transcurrido un mes dende a data de peche da mostra.

22 de setembro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.