publicidade hoxe

O recinto feiral estradense pecha o primeiro fin de semana con gran aceptación de visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A punto de transcurrir o primeiro fin de semana, a 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, está respondendo ás expectativas do equipo organizativo, en canto a afluencia de visitantes se refire. A meirande cantidade de visitantes, coincidiu coas horas centrais de ambas xornadas vespertinas. En torno ás dezanove horas, o recinto feiral estivo aceptablemente concurrido. Como xa ven sendo habitual, quén maioritariamente secunda esta mostra sectorial é o público chegado das provincias de Pontevedra e A Coruña, cun 57% e un 37%, respectivamente. A gran distancia sitúanse as provincias de Lugo e Ourense.

Estas dúas primeiras xornadas, permiten augurar un aceptable respaldo por parte do público, a espera de ver cómo responde o último fin de semana e cómo se comporta a tendencia semanal que paradóxicamente, sendo a afluencia de público menor e cando se pecha o meirande volume de negocio. As dúas primeiras xornadas, os visitantes procedían maioritariamente de fora da Estrada xa que, os estradenses resérvanse, como xa é tradicional para o último fin de semana ou ben asisten entre semana.

Este primeiro fin de semana, varias firmas expositoras presentes, xa pecharon transaccións comerciais, pedidos e/ou adquisición de productos directos. Nembargantes o comportamento do cliente, tende a fuxir das aglomeracións e achegarse entre semana para obter unha atención máis individualizada. O 23% dos enquisados, alega ser a primira vez que visitan o certame, fronte ao 77% que xa o fixo en catro ou máis edicións. Pola súa banda, o 50%, manifestou ter realizado algún tipo de transacción comercial ou ben algún tipo de contacto con perspectivas de fructificar nun futuro próximo. Non podemos esquecer que a decisión de mercar unha peza de mobiliario é máis complexa que a de mercar un determinado complemento.

Non podemos obviar a trascendencia do certame na economía do entorno local xa que, éste xera un impacto socioeconómico que incide sobremaneira nos sectores da hostelería e servizos: Restaurantes, hoteis e gasolineiras, fundamentalmente.

O índice xeral de satisfacción con respecto á calidade do producto exposto e cantidade de firmas presentes, tamén contou co beneplácito maioritario dos visitantes. O 65% dixo estar satisfeito coa cantidade de firmas presentes e o 72%, satisfecho coa calidade do material exposto. A valoración xeral do certame por parte do público enquisado foi positiva; o 72% manifestou estar satisfeito coa imaxe global, tendo en conta os condicionantes económicos actuais.

20 de setembro de 2015 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.