O recibo da auga baixará en Lalín o 0,4% para o vindeiro ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, anunciou que o recibo da auga baixará no próximo ano un 0,4%. O descenso vén dado en cumprimento do contrato coa concesionaria do servizo (Espina&Delfín), que establece que á taxa que deben pagar os veciños se lle aplicará cada ano a variación interanual do Índice de Prezos de Consumo, (IPC), tomando como referencia o mes de agosto. Debido a que o IPC do período agosto 2014- agosto 2015 reflectiu unha variación do -0,4%, esta será a baixada que se reflicta nos  recibos do 2016.

A modificación de taxas e ordenanzas fiscais está en pleno proceso de tamitación, para seren levados ao pleno do próximo mes, co obxectivo de que así se poidan cumprimentar os prazos pertinentes para que a rebaixa se faga efectiva xa a partir do día 1 de xaneiro de 2016.

Aínda que non se trata dunha medida tomada polo Goberno, senón do pertinente cumprimento dun dos puntos marcados polo regulamento da xestión municipal do consumo de auga, dende o Concello “considérase positiva calquera tipo de rebaixa nunha taxa, xa que aminorar a presión fiscal sempre repercutirá de xeito proveitoso para a cidadanía”.

 

29 de setembro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.