O RC Celta e a Fundación renovan o seu convenio de colaboración coa Federación de Peñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O RC Celta, a Fundación Celta e a Federación de Peñas selaron a renovación do seu convenio anual de colaboración  esta tarde na sede social do club. Carlos Mouriño, presidente céltico; Germán Arteta, director da Fundación Celta e José Méndez Castro, presidente da Federación de Peñas, quen expresou a súa satisfacción pola renovación dun convenio que considera moi importante para as penas.

José Méndez Castro aproveitou a ocasión para mostrar o seu agradecemento ao club polo seu apoio constante e crecente que permite que en cada campo de España onde xoga o Celta haxa sempre un grupo de celtistas para apoiar ao equipo. O presidente da Federación de Peñas tamén apuntou o incremento continuo de novas peñas e avanzou que esta tempada se pechará con polo menos outras seis federadas

Coa renovación un ano máis deste convenio de colaboración o RC Celta e a Fundación reforzan os lazos de unión do club coas peñas celtistas e coa afección. Ao acto tamén asistiron o tesoureiro da Federación de Penas Argimiro Rodríguez e o secretario Sergio Costas.

28 de setembro de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.