O presidente do Centro Unión Orensana da Habana visita a Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente do Centro Unión Orensana da Habana, Roberto Ogando Zas. No encontro na institución provincial Roberto Ogando asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense e analizou con Rosendo Fernández temas referidos á emigración e aos ámbitos cultural e social do colectivo emigrante, así como a situación actual que están a atravesar os galegos en Cuba por mor dos cambios políticos, sociais e económicos que están a acontecer na illa.

Rosendo Fernández lembrou a importancia de manter canles de cooperación cos emigrantes ourensáns “pois a nosa obriga é seguir poñendo en valor o labor que ao longo de décadas fixeron a prol do desenvolvemento da nosa provincia”.

Roberto Ogando Zas preside o Centro Unión Orensana da Habana dende marzo de 2013, entidade fundada en 1909, que días pasados recibiu en Celanova o XXXI premio “Celanova, casa dos poetas”. Precisamente, Roberto Ogando viaxou dende Cuba para recibir o galardón na vila de San Rosendo.

10 de setembro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.