O presidente da Deputación visita o Parlamento de Galicia

Valentín González con Pilar Rojo
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, efectuou esta mañá unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde se reuniu coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo. A visita enmárcase na rolda de contactos institucionais que o presidente provincial coruñés está a realizar tras a súa toma de posesión. Neste primeiro encontro, Pilar Rojo e Valentín González abordaron temas relativos ás súas respectivas competencias e avogaron por fomentar a colaboración entre institucións co obxectivo de mellorar o servizo aos cidadáns.











