O presidente da Deputación da Coruña visita o TSXG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Visita de Valentín González ao TSXG

Visita de Valentín González ao TSXG

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institutucional á sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde mantivo sendas reunións de traballo co seu homólogo da institución xudicial, Miguel Ángel Cadenas, e co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

Nesta primeira toma de contacto, González Formoso e Cadenas Sobreira abordaron temas de interese xeral e cuestións de cooperación en temas nos que comparten interés como a Escola de Verán do Poder Xudicial, que se celebra anualmente no Pazo de Mariñán coa colaboración da institución provincial coruñesa.

14 de setembro de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.