O prazo para solicitar as axudas de Estudos para alumnado de Infantil e do Conservatorio de Carballo permanece aberto ata o 29 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O Concello de Carballo a través da Concellaría de Educación que dirixe Mar Eirís informa de que está aberto do 12 ao 29 de setembro o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o Curso 2015-2016 que convoca a administración local. O crédito total destinado á concesión destas axudas é de 51.000 euros, concedéndose un total de 300 axudas de 150 euros cada unha para alumnado de Educación Infantil por un importe de 45.000 euros; e axudas por un importe de 6.000 euros para alumnado do Conservatorio.

O importe individual da axuda ascenderá ao 50 por cento do custe da matrícula dunha única especialidade para o curso completo, non tendo en conta as materias soltas ou pendentes. As solicitudes para concorrer a esta Convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n). O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recoller o impreso e recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas. Estes impresos, así como as Bases da Convocatoria, estarán dispoñibles tamén nos centros educativos de Carballo nos próximos días. 

11 de setembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.