O persoal do Chuac concéntrase contra a privatización da sanidade pública
Unha trintena de traballadores do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) concentráronse, nas inmediacións do hospital, en contra da “privatización” de centros sanitarios públicos e “en apoio” aos seus compañeiros de Vigo. Cun cartel co lema ‘Contra a privatización da Sanidade Pública’, os participantes, entre os que se atopaban as concelleiras socialistas Yoya Neira e Silvia Longueira e o secretario comarcal de UXT na Coruña, José Carrillo, corearon lemas como “a sanidade deféndese, non se vende”; “Rocío Mosquera, a ti quen te opera?” ou nos queren roubar e non nos imos a deixar”.
A protesta foi convocada “en solidariedade” cos traballadores dos centros sanitarios que, xunto ao Xeral de Vigo, ven afectados o peche, segundo explicou a presidenta da Xunta de Persoal, María Seijo.
Tamén tachou de “escándalo” o traslado ao novo hospital de Vigo e recalcou que “coa Sanidade non se pode facer negocio”. “Un hospital non é unha nave”, dixo Seijo, quen denunciou que “non están garantidos medicamentos básicos” nalgunhas unidades.
Por outra banda, tras a morte dunha paciente con aspergillus, dixo que neste hospital “hai indicios de contaminación microbiolóxica e non están feitas as avaliacións de risco”, sentenciou. Ademais, desde a Xunta de Persoal reclamaron que se aclaren as circunstancias da morte desta paciente e a procedencia do foco de aspergillus.











