O pazo da Cultura de Carballo acolle o X Certame de Artesanía Antonio Fraguas ata o 28 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Ata o vindeiro 28 de setembro pode visitarse no Pazo da Cultura de Carballo a exposición “X CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS”. A mostra, organizado pola Deputación da Coruña, recolle varias das obras presentadas a este certame. O galardón, ten como fin, dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos e consta de dúas modalidades: artesanía tradicional e contemporánea.

Na exposición poderemos ver pezas de xoiería, cerámica, téxtil e madeira, entre elas  as gañadoras, que nesta edición reacaeron en: na categoría de Artesanía Tradicional foi para o artesán Xoán Manuel Tubio Fernández coa obra “Zafoña Carneifona” , e na categoría de artesanía contemporánea foi para Francisco José Rodríguez Tarrón coa obra “Rocket Ride”.

A mostra permanecerá no andar -1 do Pazo da Cultura ata o 28 de setembro, e poderase visitar de luns a domingo de 17.00 h. a 20.00 h. 

15 de setembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.