O paseo do Pontiñas permanecerá pechado por mor do temporal

Destrozos do temporal en Moneixas
A concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso, deu instrucións esta mañá para que o paseo do Pontiñas permaneza pechado ata a xornada de mañá. A decisión adóptase despois de que os fortes refachos de vento rexistrados durante a pasada noite derrubasen cinco árbores, que caeron sobre a senda peonil. O paso permanecerá pechado ata que os operarios municipais retiren as árbores e para evitar danos persoais por mor do forte temporal que está a afectar á zona.
Cruceiro de Moneixas
Por outra banda, o vento rexistrado durante a pasada noite tamén botou abaixo un castiñeiro, na parroquia de Moneixas. Esta árbore, que estaba situada nunha propiedade da Igrexa, rompeu en varios anacos o cruceiro de Moneixas, un elemento de importante valor histórico e patrimonial. Precisamente, a Xunta de Goberno de Lalín aprobou o pasado luns pedir á dirección xeral de Patrimonio todos os permisos para proceder á súa rehabilitación, que agora será máis complexa. Efectivos de Protección Civil desprazáronse á zona para recoller as diferentes partes e custodialas para que non se perda nada de cara á súa reparación.
Outras actuacións
– Retirada dos postes de teléfono e aviso a Telefónica en Soutolongo e Moneixas.
– Retirada árboles caídos en A Saborida, Pareizo, Moneixas, Palmou e Lamela.
– Colaboramos cos Bombeiros en retirar unhas chapas que ameazaban con caerse dunha edificación en Av/Buenos Aires.
– Accidente de tráfico sen feridos, un camión 8834-FCN que alcanzou unha farola na Rotonda de Av/ Xose Cuiña con Matemático Rodríguez.











