publicidade hoxe

O luns comeza a Romaría de Cadeiras en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra á Virxe dos Remedios e a Romaría de Cadeiras que se van celebrar os días 7, 8 e 9 de setembro. A celebración comeza o luns día 7 coa subida da Virxe ao Santuario de Cadeiras, ás 20:00 horas. De seguido haberá verbena coa Orquestra Los Almirantes.

O día 8 haberá misas rezadas a partir das 11 da mañá e misa solemne ás 13:30 horas. O baile do mediodía correrá a cargo da Banda de Música de Sober, da Orquestra Bohemia e dun grupo de gaitas. Á noite haberá verbena coas Orquestras Bohemia e Israel Espectáculo.

O mércores día 9 repítense as misas rezadas a partir das 11 da mañá e a misa solemne ás 13:30 horas. O baile de mediodía que porá fin á festa correrá de cargo da Orquestra Poceiro e dun grupo de gaitas.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor a celebración “dunha das festas con máis tradición da localidade”, polo que anima a asistir a todos os veciños e veciñas, así como aos devotos e devotas que cada ano se achegan a Sober por estas datas. 

Visita do barco Muralla de Lugo

O martes estará no recinto o Barco Muralla de Lugo a través dunha colaboración entre o Concello de Sober e a Deputación provincial. 

O Barco Muralla achega boa parte da riqueza patrimonial, natural e histórica da provincia. Conta con todo tipo de información medioambiental e mobiliario e material náutico que foi doado gratuitamente por las confrarías de pescadores de A Mariña e  o Concello de Viveiro. Ademais, os visitantes poderán coñecer, mediante unha exposición de imaxes, algunha das fotografías máis emblemáticas da provincia. 

A embarcación, que la Deputación traslada pola xeografía lucense, pesa 3.500 quilos y conta cunha dimensión exterior total de 12 metros de largo e 5 de alto. 

O seu interior está dotado con ordenadores e todo tipo de información medioambiental para que as persoas que o visiten comprendan mellor o espazo e riqueza natural da provincia. Ademais, nel pódense atopar redes, nasas, luces, salvavidas, barómetros, equipos de localización de buques, radio balizas de pesca ou balsas de salvamento orixinais, e que no su día se empregaron no traballo realizado nos barcos mariñaos.

5 de setembro de 2015 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.