O luns ábrese o período de inscrición da Escola Municipal de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O curso 2015/2016 de atletismo está a chamar ás portas e o vindeiro luns abrirase, no Pavillón Municipal, o proceso de inscrición para as Escolas Municipais de Atletismo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e que patrocina o Instituto Municipal de Deportes.

Dirixidas para os nenos e nenas de entre 5 e 15 anos e por un prezo anual de 50 Euros, as Escolas fomentarán o deporte do atletismo entre os máis novos pontevedreses e a actividade impartirase os luns, mércores e venres de seis a sete da tarde no Pavillón Municipal, ademais tamén se utilizarán a pista de atletismo do CGTD de Pontevedra para os máis maiores, aínda que os de 14 e 15 anos adestrarán de sete a oito e media da tarde, os mesmos días, no CGTD.

O luns, desde as nove da mañá poderase realizar a inscrición que se irá completando ao longo do mes de setembro, para empezar os adestramentos o venres 2 de outubro ao seis da tarde no Pavillón Municipal.

Até finais de maio espérannos 8 meses de intenso atletismo xa que ademais dos adestramentos, realizaranse os fins de semana competicións deportivas, algunhas meramente participativas para que os deportistas vaian coñecendo os intríngulis  do atletismo, como son as 6 xornadas do Xogatlon ou os Festivais de Nadal e Clausura das Escolas; outras perfectamente reguladas como o programa XOGADE da Secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia e as competicións que organiza a Federación Galega de Atletismo e a Real Federación Española de Atletismo.

Para calquera aclaración tes á túa disposición o correo electrónico da Sociedade Ximnástica, info@sgpontevedra.com, para preguntar.

9 de setembro de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.