publicidade hoxe

O Grove pon en marcha o plan de acollida de refuxiados de Siria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Tal e como se informou a pasada semana, o Concello do Grove ven de deseñar un plan de acollida de refuxiados de Siria plan que, tras a primeira comunicación ó Goberno central do ofrecemento do Grove como punto de acollida, pasa agora a elaborar un listado de recursos dispoñibles.

Trátase de que os veciños e veciñas do Grove contribúan solidariamente a este plan poñendo a disposición dos refuxiados solucións de aloxamento provisional así como recursos de manutención ou de axuda (formativa ou para asesoramento en trámites administrativos por exemplo). Para organizar estes recursos o Concello do Grove pon a disposición dos que queiran participar un formulario no que se pode indicar estas cuestións.

Dende o Concello do Grove anímase a que os veciños e veciñas poidan contribuír a este plan e comuniquen o antes posible estes datos xa que dende a FEMP se ten solicitado con urxencia o censo de recursos dispoñibles para poñer en marcha a acollida.

Os formularios poden descargarse no seguinte link:

http://concellodogrove.es/ckfinder/userfiles/files/servizos%20sociais/SOLICITUDE_PLAN_AXUDA_REFUXIADOS_SIRIA_form.pdf

15 de setembro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.