O goberno vigués deseñará un plan de atención a Freixo en colaboración cos veciños

O alcalde de Vigo na reunión con representantes da asociación
O alcalde recibíu este martes aos responsables da Asociación de Veciños de Freixo, en Valladares, unha reunión solicitada pola nova directiva e da que saíu o compromiso do Concello de elaborar e acometer un plan de atención á zona, que incluirá actuacións como pavimentados, a instalación dunha marquesiña e a mellora da seguridade viaria e da sinalización.











