O goberno vigués ampliará en 2016 o programa de Coidadores de Barrio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na visita ás inmediacións do Mercado do Calvario

Caballero na visita ás inmediacións do Mercado do Calvario

O próximo ano funcionará ampliado a máis zonas da cidade, adiantou Abel Caballero, quen acudíu este mércores ás inmediacións do Mercado do Calvario para coñecer de primeira man o traballo que realizan os coidadores de barrio, unha iniciativa do Concello no marco do plan de emprego municipal que realizan 50 profesionais no Casco Vello, no Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia.

O alcalde eloxiou o traballo que realizan estes case medio centenar de profesionais -moitos procedentes de programas de inserción social-, “unha función social de enorme importancia”, e avanzou a intención municipal de ampliar o ámbito de actuación, que hoxe se estende polo Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia, grazas a un convenio do plan de emprego municipal dotado de case 950.000 euros para dous anos.

Abel Caballero revelou que o bo funcionamento dos coidadores de barrio na cidade está a espertar o interese doutros municipios, que están solicitando información e asesoramento municipal para estudar a eventual implantación deste programa.

O alcalde adiantou que o próximo ano “seguramente seguirá funcionando ampliado” a máis zonas por dous factores, polo emprego e pola atención que ofrece a tantas persoas, xente que o precisa para o seu desenvolvemento.

2 de setembro de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.