O goberno provincial logra a unanimidade na aprobación da súa proposta de divulgar o labor das Irmandades da Fala no seu centenario
O equipo de Goberno provincialconseguiu a unanimidade no voto de todos os grupos políticos do Pleno provincialpara aprobar a súa proposta de impulsar o recoñecemento ao labor das Irmandadesda Fala en defensa da lingua galega con diferentes actividades cuxa celebraciónestá prevista para o vindeiro ano, centenario da súa fundación. Ademais, ainiciativa dos populares aprobada hoxe tamén insta á Xunta de Galicia adeclarar oficialmente 2016 Ano das Irmandades da Fala.
Os populares defenderon anecesidade de que a Deputación lidere esta iniciativa ante a importancia e pesoque a provincia tivo dentro das Irmandades, as cales contaron con agrupaciónslocais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Ademais, tal e comorecolle a proposta, as Irmandades “son merecedoras do respecto e orecoñecemento de todos os lucenses pola súa contribución impagable á defensa,exaltación e fomento da lingua e cultura galegas”.
O deputado de Cultura, FranciscoBalado, encargado de defender a proposta, fixo fincapé, fronte ás críticas daoposición, en que “nós non usamos o idioma como arma política”. Malia estascríticas, finalmente todos os grupos votaron a favor da proposta dos populares.











